miércoles, 15 de febrero de 2012

La audiencia actual recuerda a los locutores de antes

Es curioso que 25 años después de su jubilación la audiencia actual de Radio Galicia sigue recordando a Isabelita Carou, así como a Ángel de la Peña, Mary Luz Villar... De esta forma queda reflejado en la emisión del 13 de febrero de 2012 con motivo del Día Mundial de la Radio, en la que Luis Pardo habla con los oyentes de hoy. 

miércoles, 17 de marzo de 2010

ISABEL CAROU, unha das voces históricas da radiodifusión galega



María Isabel Carou Rodríguez naceu en Madrid, por azar, o 5 de novembro de 1926. É viúva, nai de tres fillos e avoa de catro netos. Criouse en O Carballiño (Ourense) ata que marchou á Universidade a Santiago, onde fixo estudos de Química. En primeiro de carreira presentóuselle a oportunidade de entrar en Radio Galicia, emisora da Cadena SER, e xa non se licenciaría. Naqueles tempos a súa preocupación era poñerse a traballar para axudar a seus pais –Elisa e Secundino– a custear os estudos en Compostela. Os seus fillos –Manuel, Isabel e Ana María– valoran a súa forza e pulo para encarar unha vida onde ninguén lle regalou nada.
Corenta anos en Radio Galicia-SER

A súa dilatada carreira como locutora desenvolveuse na emisora decana de Galicia durante corenta anos. No carné profesional do extinto Sindicato Nacional de Prensa, Radio, Televisión y Publicidad ten o número 2.049. Traballou a maior parte da súa vida nun ambiente de homes. Xa casada, renunciou a crecementos profesionais que a obrigarían a deixar Santiago onde estaba asentada coa súa familia. No micrófono cultivou todos os xéneros daquela radio total da época, incluídos os dramáticos, como os tráiler para anunciar as estreas de cine. Programas con selo propio que aínda hoxe lembra a audiencia compostelá foron Diálogos con Isabel, un consultorio por carta, e Piedra viva, sobre a vida conventual nos mosteiros galegos. As súas compañeiras de micrófono dicían que Isabelita, como a chamaban os oíntes, “leía como nadie”.

Discurso de xubilación

Na cea-homenaxe da súa xubilación (12.12.86) dirixíase aos seus compañeiros con estas palabras reveladoras do seu pensamento:
“Acababa de cumplir los veinte años; nacía la radio para mí y nacía yo para la radio, cuando también estaba a punto de nacer la primavera de 1947. Empecé a vislumbrar un mundo nuevo y desconocido al que creí poder tener apretado entre mis manos. No fue así; poco a poco, sin apenas darme cuenta, empezó a tomar posesión de mi vida hasta que, cual droga solapada, se apoderó de mi mente y de mi cuerpo, pasando todo lo que no fuera ella, la radio, a un segundo término. Llegó el momento de formar una familia y también mi marido y mis hijos tuvieron que estar supeditados a esa invasora a la que, a pesar de todo, yo quería y sigo queriendo. Cada año que pasaba ella me pedía más: era un exigir loco. A veces me preguntaba qué más podía querer de mí, puesto que yo le había dado todo. Siempre fui una mujer poco convencional, pero desde que entré en la radio ya no fui libre: ni disponía de tiempo ni de mis actos. Mi libertad se la llevaron 40 años de radio…”